O Consello Social da Universidade da Coruña convoca os Premios Consello Social 2018/2019 

O Consello Social da Universidade da Coruña (UDC) vén de convocar os Premios Consello Social 2018-2019 co fin de recoñecer publicamente o labor daqueles grupos de investigación, alumnos e/ou titulados e empresas que contribuíron co seu traballo ao fomento da innovación, o emprendemento, a internacionalización e a posta en valor do coñecemento universitario. 

Os premios concédense en tres categorías: Impulso UDC, Confianza UDC e Emprende UDC. O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 19 de xaneiro de 2019. 

Toda a información en premiosconsellosocial.udc.es  

#PremiosCSocialUDC