MMYPEM J. R. S. L. ten a necesidade de incorporar un Enxeñeiro/a industrial mecánico a través dun plan formativo Feuga ou Fuac, para dar soporte e apoio nas diferentes tarefas:
-Produción e organización Industrial
-Elaboración de ofertas para o lanzamento de novos proxectos
Interesaríanos, tanto un estudante pendente do proxecto fin de carreira como titulados con ou sen experiencia. Sería para dar soporte na nosa oficina situada en As Pontes de García Rodríguez (A Coruña) e a xornada completa de 09:00 a 14:00 e de 15:00 a 18:00.
MMYPEM J. R. S. L. conta con gran experiencia no campo da mecánica de axuste e precisión, montaxes mecánicas, redes de fluídos, supervisión de montaxes e posta en marcha de instalacións industriais, preferentemente no campo da enerxía.
Os/as interesados/as poden enviar o seu CV ao seguinter enderezo de correo electrónico:
rrhh@mmypem.com