Nestes momentos necesitamos incorporar un enxeñeiro recentemente titulado para o posto de Enxeñeiro/a de Deseño de instalacións industriais.
En EQUIPOS LAGOS realizamos instalacións industriais para o tratamento de superficies, con implantación de proxectos a nivel mundial, traballando sempre con clientes de primeiro nivel, estando presentes nos sectores máis importantes: aeronáutico, aeroespacial, ferroviario, enerxías renovables, naval..
A función principal do posto é a definición completa do proxecto na súa fase de deseño, fabricación e montaxe:
-Deseñarás instalacións industriais
-Definirás tecnicamente os equipos para comprar
-Serás o contacto con comercial/cliente para a adecuación
-Realizarás o seguimento da fabricación
-Participarás na mellora do produto
-Desenvolverás novos equipos, evolucionarás os actuais
-Serás o soporte técnico de cliente
-Serás o soporte técnico do equipo de montaxe
-Elaborarás a documentación de proxecto
O perfil buscado é o seguinte:
-Enxeñeiro recentemente titulado/sen experiencia. Enxeñeiro Industrial ou Enxeñeiro de Deseño Industrial
-Bo nivel de inglés, desexable francés
-Manexo fluído de Solid Works/ AutoCAD
-Orientación a obxectivos/resultados
-Orientación á mellora continua
-Actitude proactiva
-Capacidade de organización/ xestión
Ofrécese plan de carreira e formación dentro da empresa, nun posto para consolidar a longo prazo.
Se desexas participar no proceso de selección, envíanos por favor o teu CV actualizado e carta de presentación ao correo, pedro.cobo@cabinaslagos.com ou maribel.sierra@cabinaslagos.com