Ferrovial Servicios oferta unha Bolsa na localidade da Coruña.
Búscanse estudantes de último curso de Enxeñería, graduados de Enxeñería, ou estudantes do Master de Enxeñería Industrial, alguén cun perfil xeneralista que estea interesado na parte de xestión de negocio.
Tamén se require un nivel alto de inglés.
Ofrécese unha bolsa de 6 + 6 meses, de 35 h horas semanais e ben remunerada, para dar apoio na parte de xestión de varios contratos  na zona a nivel técnico. Búscase un perfil que estea enfocado á xestión e administración dun negocio.
As súas funcións serán:
-Apoio a Xestión Técnica en Mantemento das instalacións asignadas.
-Apoio na supervisión da execución dos servizos a nivel técnico.
-Apoio na xestión de persoal (formación, selección, relacións laborais)
-Apoio na supervisión do cumprimento de políticas e procedementos internos en material de Prevención de Riscos Laborais e Calidade e Medio Ambiente.
-Apoio na xestión de contratos.
Os/as interesados/as deben remitir o seu CV ao seguinte enderezo de correo electrónico:

adrian.villa@ferrovial.com