Situada nunha contorna envexable no Campus de Esteiro, foi creada polo Decreto 134/2021 do 16 de setembro de 2021 (DOG do 11-10), e nace como resposta ao proceso de integración de dous centros da Universidade da Coruña que impartían titulacións de enxeñaría altamente relacionadas: a Escola Universitaria Politécnica (EUP) creada en 1972 , situada en Serantes, e a Escola Politécnica Superior (EPS) creada en 1991, en Esteiro. A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) acolle unha ampla oferta de titulacións no eido da Enxeñaría Industrial e da Enxeñaría Naval. Contamos cun equipo docente de primeiro nivel e toda a infraestrutura necesaria para proporcionarche a mellor formación. Por todos estes motivos, é o lugar perfecto para cursar os teus estudos superiores. Descubre todo o que a EPEF e a cidade de Ferrol poden ofrecerche!
PAT, SAPE, participación, cultura, deportes, cooperación…
Horarios, exames, grupos...
Horarios, exames, grupos...
Coñece o Sistema de Garantía de Calidade do centro
Conserxaría, administración e biblioteca
Formación en empresas públicas e privadas
Programa Erasmus e Programa SICUE