Russula, empresa multinacional con sede na Coruña especializada no deseño e execución de proxectos de enxeñería, instalación e montaxe de plantas da industria do aceiro, necesita incorporar nas oficinas da Coruña, un/a titulado/a en Enxeñería Naval.
Requisitos do posto:
-Estudos mínimos: Enxeñería Naval
– Experiencia mínima: non requirida
– Idiomas: Nivel de inglés alto (demostrable).
– Dispoñibilidade para viaxar e estancias no estranxeiro.
– Carné de conducir e vehículo propio
Funcións:
-Colaborar no correcto desenvolvemento da enxeñería básica e de detalle, supervisión de montaxe e posta en marcha dos proxectos do Departamento Mecánico.
O horario de traballo é o seguinte:
– De luns a xoves, a xornada laboral é de 8,5 horas con flexibilidade de entrada entre as 08:00 e as 09:00, dúas horas de descanso ao medio día e saída entre as 18:30 e as 19:30, en función da hora de entrada. Ao mediodía tamén hai flexibilidade, podendo utilizar entre 1 e 2 horas para comer na franxa horaria de 13:30 a 16:30.
– Venres de 09:00 a 14:00.
Por favor, aquelas persoas que estean interesadas poden enviar o seu CV á seguinte dirección de correo: rrhh@russula.com